7/5/09

MÁIS ACTIVIDADES...AS DO 2009

XANEIRO:

Este foi o mes da "Presentación Oficial do Banco de Tempo de Cedeira"

Tivo lugar o 29 de Xaneiro, e tivemos a sorte de contar coa presenza da Delegada Provincial da Consellería de Traballo na Coruña, Dona María Debén, e co Alcalde do Concello de Cedeira, Don José Luis Vergara, o que é de agradecer xa que neses días andaba con moitas preocupacións e problemas que arranxar,debido o paso por aquí do “Klaus” que deixou unha forte pegada no concello, arrasando con todo canto atopaba no seu camiño.
Aqui deixo a foto que saiu no Diario de Ferrol, da nosa presentación.

MARZO:
Neste mes organizamos unha “Homenaxe as Mulleres de Cedeira” na que poidemos contar coa colaboración de: Banda de Gaitas de Robaleira, coa interpretación de Quique Vázquez, coa actuación das Cantareiras de Buxainas, co recitado de poesias escritas por Lidia Calvo, coa representación de Garola-Valverde, coa actuación de Asoaxe e coa colaboración da ANPA Picapeixe, que fixeron a entrega dos premios do concurso de debuxo “Cousa de dous”. A todas e todos eles moitas grazas otra vez, pola súa inestimable axuda e colaboración.
Este día o Auditorio estibo cheo de xente que disfrutou con todas as actuacións e agradeceu coa calor dos seus aplausos o traballo feito por todas as persoas que colaboraron.

ABRIL:
A finais deste mes, o 24 para ser mais exactos, veu a luz un proxecto no que xa levávamos tempo traballando e que non é outro que a exposición de fotografía “O Tempo das Mulleres” na que se reflicten os moitos traballos que as mulleres desenvolven de xeito paralelo ó traballo que fan dentro dos seus fogares.
A través desta actividade queremos tamén visibilizar a aportación que fan as mulleres á vida económica, política, cultural, educativa e social do concello de Cedeira, destacando ó mesmo tempo a importancia da súa contribución ó desenvolvemento de Cedeira en todos os ámbitos mencionados. As que aparecen na exposición son unha pequena representación de todas as mulleres de Cedeira xa que todas era imposible, e todas as que aceptaron participar, claro está, porque tamén houbo quen declinou a proposta por razóns varias.
A todas elas quero agradecer o tempo que me adicaron, ás que están e ás que non, porque o tempo de todas elas é moi valioso.

MAIO:
Chegados a este punto, puxémonos a darlle forma a unha das actividades propostas inicialmente... alá por setembro... cando falamos das canles que íamos a usar para dar a conocer o banco do tempo, que non é outra que a creación deste BLOG no que estamos a reflictir a nosa andaina neste proxecto.
A creación e posta en marcha do "Blog do Banco de Tempo de Cedeira" é xa unha realidade, e de agora en diante temos unha vía máis a través da que comunicarnos, e na cal poderemos deixar as nosas impresións, opinións, proposta, ideas, etc.

OUTRAS ACTIVIDADES:
Ademáis do xa contado, fixeronse presentacións do Banco en diferentes asociacións, e en obradoiros organizados dende o concello, participamos tamén en actos organizados por algunhas das asociacións ós que o Banco foi invitado deixando un espazo no seu programa para que poidésemos presentar o Banco de Tempo a todas as súas persoas asociadas.
Dende aqui moitas grazas unha vez máis...
Destacar que todas as persoas que asistiron a estas presentacións se amosaron moi interesadas e que a medida lles pareceu moi boa, de feito algunha destas persoas xa é socia do banco.
E agora a seguir a diante.... estamos a preparar cousiñas que xa vos iremos contando.

No hay comentarios: