7/5/09

COMO NOS DEMOS A CONOCER?

Para dar a coñecer o Banco de Tempo leváronse a cabo unha serie de actividades paralelas á función propia do banco, para facelo chegar ó maior número de persoas posible.
Para levalas adiante solicitamos a colaboración de asociacións, partidos políticos, entes públicos e privados, poboación en xeral, etc. contando sempre cunha resposta positiva de todas as persoas as que se lles pideu colaborar.
Describirémolas de xeito breve e resumido, ubicándoas nos meses nos que se fixeron.
Por certo,se alguen ten fotos dalgún destes actos, e é tan amable de compartilas poderemos poñelas neste blog. Gracias de antemán.

NOVEMBRO:
Entorno ó 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de Xénero, leváronse a cabo actividades como unha charla: “Conceptos en torno a Igualdade” e un taller “Que lemos, vemos e escoitamos”.
Estas actividades chegaron a pouca xente, xa que se organizarón case a última hora e con pouco tempo para dalas a coñecer, pero o que si que é certo é que as persoas que participaron nelas seguen a ser fieis colaboradoras do banco en todo o que se organiza, participando activamente nas propostas feitas.
DECEMBRO:
Co motivo do “60 Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos” organizamos unha “Lectura Colectiva da Declaración dos Dereitos Humanos” para a cal se solicitou a participación de compañeiros e compañeiras de traballo e de diferentes representantes da vida social do concello: asociacións, partidos políticos, entes públicos e privados, poboación en xeral, etc. obtendo unha resposta positiva de todos e de todas.
Para este acto,tivemos a sorte tamén de contar coa colaboración musical de agrupacións musicais, corais e artistas deste concello, así contamos coa Rondalla Plectro, a Coral Eixil e o grupo musical Asoaxe.
Esta foi unha actividade moi bonita, na que participou moita xente e que contou con numeroso público, que por certo quedou encantado con todo o alí visto e escoitado. Cando rematou o acto algunhas persoas xa preguntaban cando volviamos a facer algo parecido. Quedaron encantadas!!!

No hay comentarios: